6x6 Punto de encontro é unha proposta interdisciplinar de artistas emerxentes no eido das artes do movemento, do teatro, da plástica... Tendo coma eixo común a palabra. 6x6 Punto de encontro son 6 espectáculos de 3 creadores para diferentes espazos da casa das palabras. A palabra coma nexo, coma punto de encontro, entre os creadores e creadoras que se atopan por primeira vez para crear un espectáculo. 6x6 Punto de encontro é unha intervención destes 18 creadores para un espazo embemático da cidade: O Verbum, a casa das palabras. Estas intervencións visibilizaránse os xoves a partires do 27 de outubro ata o 1 de decembro de 2011 no Verbum sempre ás 20:30.
|
Aviso Legal |
© A Artistica - Desarrollada por System3 |