O Obxectivo fundamental do espectáculo, é facer unha reflexión, unha ollada, desde a actualidade. “Só ollando con curiosidade e lucidez o horror do mundo, atravesando a crise polo fachizo do humor, cantando o cantar do propio destino, e acabar ciscando polo aire da ilusión ó que pertencen as cartas da barralla que tanto sofremento causan coa súa soberbia estupidez.” Alicia como protagonista e Alicia a antagonista, o verdadeiro conflicto da peza. con acenos psicolóxicos: ¿ser ou non ser?, ou ¿que quero ser e o que debo ser?… plantexamos as preguntas, non tentamos ofertar respostas, plantexamos preguntas sobre a reacción, ante esta época post-victoriana, de profunda crise económica, ideoloxica, de valores culturais, de esta Alicia, na nosa época, cos nosos mundos reais e irreais, personificando os mitos da actualidade, musicas, visuais, pictóricos, de modas, tendencias, tribus…